Os traballos teñen un orzamento de 17.000 euros que s afrontarán exclusivamente con fondos municipais. O xardín, ubicado xunto ao parque canino de Arcade, inaugurarase o luns ás 18:00 horas e contará con diferentes elementos e mobiliario público.
O Concello de Soutomaior vén de iniciar os traballos de creación do primeiro xardín da diversidade do municipio. Un novo espazo de lecer e esparexemento deseñado para dar visibilidade e normalizar ás diferentes sensibilidades e formas de sentir.
O xardín estará situado xunto ao parque canino de Arcade e contará con diferentes elementos e un mobiliario público específico coa madeira tradicional como elemento basee. Así, instalaranse tres elementos de xogo, varias banquetas, un carreiro de pedra natural e paneis artísticos e informativos.
Unha iniciativa que busca, segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais Cristina González “facer do concello un lugar mías amable, acolledor e respectuoso con outros sensibilidades”.