Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Plastic Heroes” do isrelí Ariel Doron abre a programación do Festival de Títeres de Redondela

ariel doron

O Multiúsos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas a primeira das propostas enmarcadas na programación do Festival de títeres que se vai desenvolver ata o vindeiro martes, festivo das Letras Galegas. A obra está realizada mediante o uso de obxectos como xoguetes, iPads, iPhones ou vídeo e está destinada a maiores de 14 anos.

Unha programación de sala que continuará mañá venres coa compañía de teatro francesa Campagnie La Salamandre. Xa na fin de semana pasarán polo Multiúsos Títeres Alakran coa obra Desconexión e a compañía Victor Biau con El hombre que plantaba árboles.

Os eslovacos teatro Matita actuarán o luns e será a compañía redondelá Tanxarina a encargada de pechar as actividades de sala xa o martes 17 coa obra A Cazola de lola.

Con todo, dende a organización lembran a forte aposta que nesta edición se fai polas actuación de rúa con espectáculos itinerante e actuacións continuadas que se desenvolverán en rúas e prazas do concello a partir do sábado.

Unha propostas completamente de balde, non así as de sala que teñen un prezo de 5 euros e que se poden retirar xa na billeteira do Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará