Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración veciñal para esixir que se reforce o persoal do Centro de Saúde de Pazos

pazos centro saúde

Unhas instalacións novas pero carentes de persoal, así o denuncian uns veciños quen en numerosas ocasións quedan sen atención médica no seu concello, véndose obrigados a desprazarse ao centro de saúde de Redondela ou mesmo ao hospital. Esixen que o Sergas dote o centro de dous facultativos -que é o que lle correspondería atendendo a súa poboación- así como de pediatra, un servizo que se retirou “coa escusa da pandemia”.

“Sentímonos abandonados e cabreados” así o explica unha das afectadas, Victoria Couñago quen na mañá de hoxe participaba xunto con outros veciños nunha concentración que se desenvolvía diante do centro de saúde. Unha concentración que é tan só o inicio dun calendario de protestas coas que buscan facer oír as súas demandas que non son outras que se dote o centro de saúde do persoal necesario para atender as necesidades da veciñanza.

Victoria Couñago, veciña afectada

Neste sentido Couñago aclara que actualmente hai unha única médica atendendo o servizo, cando en Pazos de Borbén polo número de cartillas (1.200) corresponderíalle dous facultativos. Un apoio imprescindible xa que “cando a médica se despraza a algún domicilio ou ten que acompañar a algún paciente ao Hospital o Centro queda desatendido, do mesmo xeito que cando colle unha baixa ou vacacións, xa que o Sergas non manda substituto”.

Ademais da concentración de hoxe, que se trasladou do Centro de Saúde ao propio Concello, xa que entenden que é tamén deber do goberno local apoialos nesta demanda, os veciños presentarán reclamacións ante o Sergas e preparan xa unha manifestación de cara a próximas datas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará