Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CR Chapela clasifica tres embarcacións para o Campionato Galego 2022

281483157_4896076587187580_8416125204096509000_n

O sábado pola mañá disputouse na vila do Morrazo a final territorial Sur de Trainerillas 2022. O absoluto feminino do Club de Remo de Chapela acadou a bandeira de honra do Concello de Bueu. As probas organizadas polo Club Mar de Bueu- Teccarsa  e o Concello puidéronse celebrar, pese ao temporal de choiva e vento

Grazas a esta  vitoria disputarán o Campionato de Galicia a partir da próxima fin de semana en Meira-Moaña, xunto co  xuvenil masculino e absoluto masculino  que tamén lograron clasificarse.

A Asociación Liga Noroeste, organizadora da Liga Galega de Traiñeiras, e a Televisión de Galicia veñen de asinar un acordo co fin de retransmitir regatas propias da competición durante as próximas catro tempadas. Polo tanto a competición volve a ter o seu espazo na parrilla televisiva e poderemos ver o Campionato  Galego a través da TVG.

Absoluto femenino: 1.- Chapela, 16.25:67; 2.- Tirán, 16.48:18; 3.- Mecos, 16.52_34; 4.- Cesantes, 19.44:69. 

Juvenil femenino: 1.- Cesantes, 22.10:45. 

Juvenil masculino: 1.- Samertolaméu, 16.00:50; 2.- Chapela, 16.58:15. 

Absoluto masculino: 1.- Bueu, 14.37:79; 2.- Samertolaméu, 14.46:21; 3.- Robaleira, 15.03:27; 4.- Chapela, 15.06:30; 5.- Mecos, 15.08:87. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará