Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela gaña o seu último partido en Primeira Nacional

rodosa

O Rodosa Chapela despediuse da categoría cun triunfo, superando ao Carnes do Ribeiro por 36-30 nun encontro que lles serviu para despedirse da súa afección cunha vitoria que tivo sabor agridoce xa que o equipo despedírase da categoría semanas atrás. Non así a Sar que malia a derrota desta fin de semana xa tiña garantida a permanencia.

A SAR Plastic Omnium caía derrotada con claridade ante o Gáldar, por 36-24. O conxunto de Redondela plantou cara durante os primeiros vinte minutos malia que non se xogaba nada, pero conforme avanzaba o partido o Gáldar foi impoñéndose chegando xa ao descanso cunha vantaxe de 18-13. Unha vitoria que aos locais serviulles para asegurar a permanencia nunha categoría que se despediu cun claro campión de liga, o Lalín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará