Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Federación de Anpas alerta do perigo da presenza de amianto en varios centros educativos de Redondela

cole cedeira

Concretamente denuncian a presenza deste material potencialmente canceríxeno na Escola de Educación Infantil de Cesantes, no colexio de Cedeira e no IES Pedro Floriani. Instan a Consellería de educación a que proceda a súa retirada de xeito inmediato e que acometa as obras neste vindeiro período de vacacións de verán .

Explican ademais dende as ANPAS que a situación nos centros de Redondela é especialmente preocupante xa que xa que o amianto, tamén coñecido como asbesto ou uralita, ten superado a súa vida útil dado que estes centros construíronse a principios da década do 80. Como consecuencia está descompoñéndose e o alumnado corre o risco de respirar as fibras microscópicas que solta este material.

Alertan que malia o perigo para o alumnado “de sufrir unha morte silenciosa dentro de 30 ou 40 anos no caso de respirar unha mínima dose” nin o Xefe Territorial en Pontevedra da Consellería de Educación, César A. Pérez Ares, nin tampouco a Subdirectora Xeral de Construcións e Mantemento da Consellería de Educación, María Jesús López López, nin tampouco o Secretario Xeral Técnico, Manuel Vila López, nin o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez González, teñen tomado decisións para eliminar definitivamente este gravísimo perigo para a saúde do alumnado o que cualifican de “gran irresponsabilidade e desprezo á saúde”.

Por este motivo esixen á Consellería de Educación a retirada inmediata, neste vindeiro período de vacacións de verán, de todo o amianto dos centros educativos de Redondela e fan un chamamento as ANPAS de Galicia para que estuden e denuncien a presenza de amianto nos seus centros educativos e ao profesorado para que non admita traballar neste ambiente insalubre.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará