Esta fin de semana celebrouse o Campionato de España de Traiñeiriñas en Bueu. As remeiras da categoría Absoluta Feminina de Chapela eran as favoritas para acadar a vitoria, grazas a que viñan de gañar o campionato galego a semana anterior.
Na lista de embarcacións galegas femininas en liga figuraban CR Chapela, CR Ares, CR Cabo da Cruz, CR Rianxo, SD Tiran, CR Mecos, CR A Pobra e CCD Cesantes, na categoría absoluta e o CR Náutico Riveira e CCD Cesantes na xuvenil que celebraba esta regata estatal por vez primeira.
O percorrido que tiveron que realizar os equipos constou dun total de 4 longos e 3 manobras de xiro de ciabogas. A saída foi dende o porto de Bueu cara a praia de Portomaior, para completar un total de 3.500 metros dos que consta a proba organizada polo Club do Mar Bueu.
A competición estivo marcada pola ausencia dos equipos vascos entre os absolutos. A maioría das embarcacións participantes foron galegas, polo que a final foi tan emocionante como no Campionato Galego.
Resultados:
Xuvenil Feminino: 1. Isuntza Arraun Elkartea, 2. Sociedad deportiva de remo Kaiku, Club Remo Náutico de Riveira, 4. Club de Remo Valle de Camargo.
Absoluto Feminino: 1. Club de Remo de Chapela, 2. Club de Remo Ares, 3. CR Cabo de Cruz, 4. Club de Remo Mecos.
Xuvenil Masculino: 1. Itsasoko Ama, 2. CR Cano de Cruz, 3. SD Samertolameu, 4. Ondarroa Arraun Elkartea.
Absoluto masculino: 1. CR Cabo de Cruz, 2. SD Samertolameu, 3. Club do Mar Bueu, 4. Club Remo Ares.
Unha resposta
Enhoraboa as Absolutas Femeninas de Chapela que son unhas campeonas onde queira que vaian e raro que non gañen e estou moi orgullosa delas miña nai ten a casa o pe do Club de Remo aqui en Chapela e paso ahi todas as fins de semana e sempre lle aplaudo cando chegan pitando cas bandeiras e onte non as sentin chegar non sei a que hora chegaron quedo con pena de non as sentir chegar pra recibilas e aplaudirlle ¡¡¡ emocionome moito cando as sinto chegar asi porque sei que quedaron nun bo posto e esta vez ainda quedaron mellor.¡¡¡Bicos e apertas Campeonas!!!