Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos FS despide a tempada invicto

pazos fs

Pazos FS

O club de Pazos rematou a competición cunha nova vitoria, nesta ocasión ante o SD Abetos nun partido disputado en Gondomar e nos que os de Pazos volveron amosar a súa clara superioridade cunha vitoria por 2-9. Peor sorte para o Redondela Maramar que caía ante as Neves por 5-3, derrota que non lles impide celebrar por todo o alto o seu ascenso a Terceira xunto co Pazos tras finalizar no segundo e primeiro posto da categoría respectivamente. O Arealonga FS pechou tamén esta competición con vitoria. 6-5 ante o Maríns Futsal.

Rematou a tempada na preferente de Futbol Sala con dous grandes vencedores que xa semanas atrás certificaban o seu ascenso a terceira división.

O Pazos pechaba este periplo invicto cunha nova e avultada vitoria en Gondomar. Acaba así a competición con números de récord: Campións de liga co seu correspondente ascenso a Terceira división sen cońecer a derrota en 30 partidos e cun só empate ante A Quinta De Tui, polo que sumaron 88 puntos de 90 posible, equipo máximo goleador con 209 goles a favor e equipo menos goleado con 60 goles en contra. A maiores o capitán Luis Carreira fíxose co título de pichichi con 60 goles anotados .

Sen cifras tan incríbles hai outro equipo de celebración, o Redondela FS quen tamén ascenden a Terceira división e o celebraban esta fin de semana cunha festa de todos os equipos do club. Non puideron despedir a tempada con vitoria, pero ese pequeno revés non supuxo ningún impedimento para unha celebración que incluíu merendola e festa na Fábrica.

Redondela Maramar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará