Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos solicita ao Sergas o reforzo de persoal no Centro de Saúde e que se recupere o servizo de pediatría

pazos saúde

Unha petición que foi aprobada por unanimidade no pleno do concello e que chega logo de numerosas protestas e recollida de reclamacións dos propios usuarios quen denunciaban a precariedade na que se estopa este ambulatorio, con menos facultativos asignados dos que lles corresponderían por número de pacientes. Denunciaban tamén o feito de que coa escusa da pandemia se eliminara o servizo de pediatría, sen que o Sergas procedese a súa reposición unha vez superado o período máis crítico do Covid.

Os tres grupos políticos con representación no pleno da corporación do Concello de Pazos de Borbén votaron de forma unánime a favor de reclamar ao Servizo Galega de Saúde melloras na atención do ambulatorio da localidade.

Así, a corporación municipal ao completo acordou solicitar á Xunta de Galicia reforzar a atención primaria no municipio de forma que se cumpran os obxectivos fixados polo propio SERGAS e evitar así que ao contar tan só cunha facultativa os veciños dependan de que a médica teña que sair a unha urxencia ou se suspenda a atención no caso de baixa ou vacacións desta persoa.

 Do mesmo xeito, o pleno municipal acordou tamén solicitar a reposición do Servizo de Atención Pediátrica, que foi suspendido de forma temporal durante a pandemia ante a falta de facultativos. Actualmente, o centro de Saúde de Pazos de Borbén conta cunha única facultativa para atender aos case 3.000 habitantes do municipio. Unha situación que leva un exceso na carga de traballo do persoal e provoca que parte da carga asistencial do municipio recaia nos centros médicos de concellos limítrofes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará