Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 60 comercios de Redondela súmanse á campaña “Comercio na rúa”

mercana rúa

Impulsada pola Asociación de empresarios, esta campaña busca relanzar os sábados de compra nos pequenos negocios locais, animando á veciñanza a facer as súas compras nunha xornada que contará tamén con diferentes propostas nos locais de hostalaría e descontos especiais que permitirán aso clientes facerse con produtos a un prezo máis económico.

Descontos, promocións, outlets, degustacións, sesión vermú na hostalaría e exposición dos produtos nas prazas e rúas serán o reclamo para un sábado especial de compras nos negocios locais que se vivirán o vindeiro día 4 de xuño. “O comercio ábrese a rúa, sacando os seus produtos fóra dos establecementos e facendo ofertas exclusivas para esa xornada”.

Julia Alonso, Asociación de empresarios

Nesta primeira edición participan máis de 60 establecementos que nas vindeiras xornadas irán dando a coñecer as súas ofertas nas páxina web da Asociación de empresarios así como nas redes sociais tanto da asociación como propias.

Este comercios sacará a súa mercadoría a rúa en horario de mañá e tarde. Produtos de todo tipo dende alimentación, agasallos, librerías, ópticas e sobre todo, tendas de moda, xa que será en roupa e calzado onde atoparemos os descontos máis salientables.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará