Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto da Banda de Música do Conservatorio no Multiúsos

banda

O Conservatorio organiza a Semana Internacional das Ensinanzas Artísticas cun programa de actividades e concertos que arrancará este xoves coa actuación da Banda de Música e o ensemble de percusión do Centro educativo ás 20:30 no Multiúsos.

Un centro que celebra tamén na vindeira semana catro días de xornadas abertas para dar a coñecer o Conservatorio e que todos os que o desexen poidan probar os instrumentos musicais que alí se imparten. Serán os días 6, 7, 13 e 14 de xuño entre as 17:30 e as 20:00 horas.

Por outra banda está xa aberto o período de matrícula até o 23 de Xuño. Este ano contará con novidades na súa oferta: para os máis pequenos (desde os 3 anos ) música e movemento e conxunto instrumental,  todas as especialidades instrumentais como clarinete, violín, piano, frauta traveseira, trombón, tuba, trompeta, trompa, saxofón

Este ano engádese a formación de teclados e sintetizadores, batería e percusión tradicional, gaita, canto  moderno e perfeccionamento de canto para música pop-rock e jazz, orquestra moderna.

Desde o centro tamén se anima a todos os entusiastas da música tradicional a participar nun grupo de música con todos os alumnos de gaita e percusión tradicional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará