Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tatán recibe o premio María Casares como mellor actor protagonista

tatan casares

La Diapo Fotografía

A obra Terceiro acto producida polo Centro Dramático Galego e protagonizada entre outros polo actor redondelán Eduardo Rodríguez Cunha Tatán suponlle un novo recoñecemento a súa longa carreira. Tatán recibía na gala dos María Casares, celebrados este xoves no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o premio ao mellor actor protagonista que dedicaba “ás familias que teñen xente nas cunetas e aínda non foron desenterradas”, concluíndo a súa intervención cun “Viva a República”.

“Estou moi feliz por este recoñecemento e porque me chegue a través dun espectáculo tan especial como é esta obra na que se fala moito da memoria” explicaba Tatán nos nosos micrófonos quen agradecía tamén que este tipo de premio serva para dar publicidade e promocionar o teatro.

O actor e titiriterio redondelán compartía o escenario dos María Casares con outros compañeiros e compañeiras de profesión, entre eles a actriz Belén Constenla quen tamén recibía o premio a mellor actriz protagonista pola súa participación na obra Terceiro acto e que celebrou “que se apostase por unha historia de maiores de 65 anos”. “unha gran actriz e unha gran amiga que fai un papel extraordinario na obra”.

As alegrías non quedaron aí, porque tamén houbo premio para un dos últimos espectáculos de Tanxarina, compañía da que forma parte Tatán, quen celebraba o premio a mellor música orixinal que recau en Ailén Kendelman pola música de A cazola de Lola.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará