Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A festa da coca recupera a Danza das Espadas e os eventos multitudinarios cun concerto de “Los Secretos”

84e9cf7a-e395-426e-9a9a-5c26fcd3422b

Redondela recupera a Festa da Coca logo de dous anos de celebracións moi restrinxidas por mor da pandemia. Faino cun programa intenso que se desenvolverá do 15 ao 19 de xuño e no que, ademais de eventos tradicionais como a Danza das Espadas, cobra especial relevancia a música. En total 7 concertos no Campo da Feira entre os que destacan “Los Secretos” ou as verbenas cos grupos América e Combo Dominicano. Regresan tamén as rutas en barco a San Simón

“A Festa da coca e a tradición recupéranse tal cual eran antes da pandemia”, conta a alcaldesa.

As celebracións arrincarán o día 15 cun pregón a cargo da médica pediatra e fundadora da ONG “Da Man”, Pilar Martínez, ás 20:00h na Praza do Concello. Previamente, terá lugar un concerto da Orquestra de Saxos de Redondela e o tradicional acto de relevo das Penlas. Non faltará a homenaxe as “alfombristas” e a José Ramón Núñez responsable da Danza das Espadas.

Ademais dos concertos, tamén regresan o xoves 16 as Rutas en barco pola Illa de San Simón con saída dende o Porto de Cesantes ou o Pantalán do Museo de Meirande. A alcaldesa, Diga Rivas, fala da programación e da necesidade de retornar os eventos culturais.

“Musicalmente e culturalmente a Festa ten un programa moi completo”, explica Rivas.

No acto de presentación, que tiña lugar hoxe ao mediodía ás portas do Concello, a alcaldesa salientou a “volta a normalidade” da Festa da Coca. Recupéranse a elaboración das Alfombras de Flores nas rúas do casco urbano e a Danza de Espadas que regresa, tras dous anos de ausencia, o día 16 de xuño na Praza da Constitución. Digna Rivas lembra que “a Festa da Coca está recoñecida como Interese Turístico Galego o que a converte en todo un referente na comunidade”.

 “A danza de espadas está preparada para ensinar ó mundo a nosa tradición”, conta Digna Rivas.

O programa deste ano centra a súa atención nos concertos que se desenvolverán no Campo da Feira e que nos deixan actuacións da “Orquestra Marbella”, o grupo local Chaleco Reflectante ou  Dakidarría. O prato forte chegará o sábado 18 coa banda madrileña dos 80 “Los secretos” e xa o Domingo 19 a festa remata co Combo Dominicano, unha das orquestras de maior proxección de Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará