Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido grave un vixilante tras se agredido por dúas persoas no Festival Millo Verde

poli local

O home quedou ingresado no hospital Alvaro Cunqueiro tras sufrir un traumatismo cranoencefálico producido polos golpes que recibiu na medianoite do sábado. As dúas persoas que o atacaron, un home e unha muller de 34 anos de idade e veciños de Cambre, foron detidos e trasladados aos calabozos da Policía Nacional en Vigo, hoxe está previsto que pasen a disposición xudicial por un presunto delito de lesións. A policía local agradece a colaboración cidadá que permitiu deter aos agresores.

Os feitos, segundo informan dende a Policía Local, producíanse na medianoite do sábado para o domingo cando o vixilante instaba á parella a que mostraran o que levaban no interior dunha mochila para poder entrar ao recinto no que ese estaban a desenvolver os concertos. Os aludidos negáronse e ao seren increpados polo vixilante, segundo explicaron as testemuñas, o home teríalle dado unha puñada deixándoo inconsciente no chan. Sería o propio público asistente ao festival quen detería aos agresores e chamarían a Policía e aos servizos de Emerxencias. Tamén outro vixilante, que tentou deter a agresión tería recibido algún golpe pero de menor consideración, sendo atendido nun PAC de Vigo. O seu compañeiro foi trasladado ao Hospital Alvaro Cunqueiro onde quedou ingresado tras diagnosticárselle un traumatismo cranoencefálico.

Os agresores foron detidos e trasladados aos calabozos na Comisaría da policía nacional en Vigo.

Desaloxo nudistas

Unha xornada que arrancaba xa con intervención policíal logo de que a primeira hora da mañá xa se recibiran varias chamadas de bañistas que ao chegar ao areal da Punta atopáronse a numerosas persoas acampando ilegalmente e practicando o naturismo. A policía desprazouse ata alí e levantou o campamento. Foi necesario tamén intervir para mediar nunha trifulca entre unhas 50 persoas, neste caso sen concecuencias graves.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará