O absoluto feminino do Club de Remo de Chapela consegue o segundo posto na Liga Galega de Traiñeiras celebrada esta fin de semana en augas de Sanxenxo. Unha competición moi axustada na que a embarcación redondelá loitou polo primeiro posto só detrás de CR Cabo da Cruz por 8 segundos.
A” I Bandeira Ayuntamiento de Sanxenxo” é a primeira dun total de 34 regatas que compoñen a Liga Galega de Traiñeiras que comezou esta fin de semana e rematará a finais de agosto. Este ano a competición conta cun récord de 616 deportistas participantes e está conformada por 12 equipos na categoría A: SD Tirán-Pereira, SD Samertolameu-Oversea, CM Bueu-Teccarsa, CR Cabo de Cruz, CR Mecos, CDM Meira, CR Puebla, CR Rianxo, CCD Cesantes-Rodavigo, CR Narón, CM Mugardos y CR Chapela-Wofco. Por outra banda, na liga B competirán un total de sete equipos como o CR Muros, CR Salgado-Perillo, CR Cedeira, CR Vila de Cangas, SD Samertolameu- Oversea B, Amegrove CR e CM Castropol.
Durante a entrega de trofeos estivo presente o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo que destacou durante o acto a achega económica da Xunta a través dun convenio coa Asociación Liga Noroeste, organizadora da competición, que alcanza este ano os 115.000 euros.
RESULTADOS DA LIGA FEMININA
- CR CABO DA CRUZ FEM
- CR CHAPELA – WOFCO FEM
- CM MUGARDOS – A CABANA FERROL FEM
- CR RIANXO FEM
- SD TIRÁN – PEREIRA FEM
- CRN RIVEIRA FEM
- CR SALGADO – PERILLO FEM
- CM CASTROPOL FEM
- CR PUEBLA FEM
RESULTADOS DA LIGA A
- CM BUEU – TECCARSA
- SD SAMERTOLAMEU – OVERSESA
- SD TIRÁN – PEREIRA
- CR CABO DA CRUZ
- CR RIANXO
- CDM MERA
- CR NARÓN
- CR MECOS
- CR CHAPELA – WOFCO
- CCD CESANTES – RODAVIGO
- CR PUEBLA
- CM MUGARDOS