Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meirande potencia o seu contido online cunha visita virtual

meirande

A Concellería de Turismo vén de dar un novo paso na posta en valor do Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande–, dotando ao seu portal web dunha completa visita virtual que permite que calquera persoa poida percorrer, polo miúdo, o espazo museístico dende a súa propia casa.

Ao acceder á web do Meirande o botón Visita Virtual, permítenos situarnos na recepción do espazo museístico para, dende aí, poder realizar un detallado percorrido a todos e cada un dos recunchos do museo. Seguindo os puntos marcados no chan e utilizando as frechas do teclado ou o rato, as e os visitantes poden pasear pola instalación, gozar do contido das salas dende distintas perspectivas e dispoñer da posibilidade de achegarse a aqueles detalles que lles interesen especialmente a través dun zoom que se activa coa roda do rato.

A visita virtual, que ‘engancha’ ao visitante dende o primeiro momento, conta amais coa posibilidade de, en determinados puntos, activar vídeos onde as personaxes da época explican detalles sobre a Batalla ou outros datos de interese sobre o espazo de Rande.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou o seu convencemento de que a visita virtual “espertará nas persoas que a fagan o interese por achegarse posteriormente ao Meirande para realizar o percorrido, in situ, e coñecer o excepcional enclave no que está situado”.

Rivas lembrou que, dende que María Castro se fixo cargo da Concellería de Turismo, “a potenciación do Meirande, como punto de interese turístico, “foi unha das prioridades do Goberno local” como o demostra remodelación total da páxina web, que permite acceder a contidos audivisuais e, incluso a unha recreación da propia batalla naval, ou a inclusión, dende setembro do 2021, do Meirande na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) á que, ata entón, non pertencía.

A rexedora redondelá non dubida en salientar que o Meirande “era un espazo museístico de primeira orde totalmente infrautilizado”. Era preciso poñelo en valor e, sobre todo, “colocalo no mapa dos museos costeiros de Galicia, norte de Portugal e Asturias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará