Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova imaxe para o exterior do Multiúsos da Xunqueira cun mural de Elisa Capdevila

mural multi

A obra quere ser un berro contra a violencia machista e transmite a veciñanza a situación de autoaillamento na que se sumen as mulleres que padecen esta situación.

A fachada lateral do Multiusos da Xunqueira de Redondela convértese nun lugar de reivindicación a prol da eliminación da violencia machista mediante un mural realizado pola artista Elisa Capdevila ao que se achegaron na tarde de onte a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañadas das deputadas Olga García e Noemí Outeda, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa. Ao abeiro do programa da Deputación “Violencia Zero”, a obra transmite o autoillamento no que as mulleres se sumen cando sofren violencia machista a través da figura dunha muller que, sumida nos seus pensamentos, non é capaz de descansar por mor dos sentimentos que afloran no seu interior ao atoparse nesta situación.

Carmela Silva expresou a “rabia e impotencia” que sente con cada novo caso de violencia machista. “Este ano xa son 21 as mulleres asasinadas por esta lacra, as últimas dúas onte mesmo en Madrid. Mulleres que en moitas ocasións, como reflicte este mural, ocultan na súa soidade os danos que padecen”. Tamén gabou a obra de Elisa Capdevila, “que transmite sentimentos moi potentes”, a quen agradeceu o seu traballo. “Este mural, sinalou a presidenta provincial, recordará ás persoas que se acheguen ao Multiusos da Xunqueira e a importancia de tender as nosas mans ás vítimas de violencia machista para axudalas a saír do illamento que sofren. Xuntas e xuntos debemos construír unha sociedade mellor”.

As palabras de Carmela Silva foron secundadas por Digna Rivas, quen deu “mil gracias” á Deputación por levar o programa “Violencia Zero” ao espazo público de Redondela.

O mural está envolta nunha atmosfera de cor azul que fai énfase na sensación de tristeza que transmite o rostro da muller, así como o resto da escena. Este pesar, como explicou a autora, está motivado pola acción doutra persoa, que se atopa ausente na obra de xeito directo pero que é a causante da doenza que sofre a protagonista da obra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará