Patry Rivas
O club redondelá de balonmán SAR prepara as Xornadas de Conciliación de Balonmán. Nenos e nenas entre 6 e 14 anos poderán gozar de actividades deportivas do 27 o 30 de xuño en distintas localizacións como o Pavillón da Marisma e a Praia de Cesantes.
A actividade está financiada pola Secretaría Xeral Para o Deporte, polo que será totalmente gratuíto. Estas xornadas comezarán ás 9:00 da mañá e rematarán a 13:00h da tarde, tempo no que as rapazas e os rapaces participarán en actividades lúdicas en pavillóns e ao aire libre. Ademais de ser días para a conciliación tamén o son para a iniciación ao deporte, polo que é unha oportunidade de aumentar a canteira base do club.
Para inscribirse podes chamar ao 647 57 07 88 ou ao 640 50 82 37. Tamén está a disposición do público o correo electrónico veranosar2022@gmail.com creado exclusivamente para este tipo de eventos.