Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco refórzase coa volta de Adri e a fichaxe de Anxo Vilas

choco

Adrián Rodíguez volvía pisar Santa Mariña para firmar polo club choqueiro para a próxima tempada. Unha incorporación que chega lodo da fichaxe de Anxo Vilar, procedente do Alondras.

O dianteiro Adrian Rodríguez recoñecería que as primeiras sensacións ao entrar nas instalacións de Santa Mariña foron de “auténtica felicidade” por voltar a un club do que xa formara parte no pasado. Asegura que pouco tivo que pensar cando recibiu a chamada do adestrador, Juan Amoedo. Adri, chega procedente do Rápido de Bouzas e espera “aportar o máximo e como dianteiro aportar goles, aínda que non son dos que me poño números porque prefiro o éxito do equipo que a miña marca persoal, mais espero do equipo que quedemos o máis arriba posible”. Para Adri “a tempada pasada o equipo non se mereceu sufrir o que sufriu se ben é certo que cando se entra nunha mala dinámica parece que todo custa un pouco máis”.

Con Adri, son dúas a fixaches que leva o CD Choco. A primeira foi a de Anxo Vilas que chega ao club redondelán procedente do Alondras CF. Un xogador que xa ten referencias do Choco, equipo no que xogou o seu irmán e confía adaptarse rapidamente tanto ao vestiario como a filosofía do club e ao estilo de xogo de Juan “penso que é cuestión de traballalo, pero tamén son un xogador que se adapta perfectamente ás necesidades do equipo”.

Juan Amoedo comeza así a configurar o plantel de cara a vindeira tempada, a décima consecutiva no que o CD Choco competirá na Terceira RFEF.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará