Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arealonga FS entrega os premios do seu torneo

arealongafs

O XVII Torneo de Fútbol sala de Chapela, organizado polo Arealonga FS entregou os trofeos e medallas aos competidores, reunindo a 40 equipos.

Os gañadores foron os seguintes: Aguias (sénior masculino), Golden Warriors (sénior feminino), Redondela FS (cadete masculino), Escola Futsal Morrazo (cadete feminino), Redondela FS (infantil), Secundino Basalo (alevín), CD A Paz (benjamín), CD A Paz (prebenjamín) e SD Pazos de Borbén (biberón). Equipos que recibiron os seus trofeos da man do Xefe Provincial de Deportes de Pontevedra-Vigo, Daniel Benavides e o Concelleiro de Deportes, Nacho González.

A organización agracede a todas as empresas colaboradoras e os seus patrocinadores así como a afección por encher de novo o pavillón Manuel Gonzalez Soto. Tamén a colaboración de todos os voluntarios e voluntarias que fixeron posible a celebración desta décimo sétima edición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará