Unha vez máis os cativos do Casa paco 81 amosaron que hai canteira no fútbol local. Canteira que aspira a gañar títulos e así o amosaron na Vigo Cup disputada esta fin de semana na cidade olívica facéndose co título de vencedor na categoría Sub 8, tras vender por 2-0 ao Victoria e acabar así co monopolio dos clubs vigueses nas dúas últimas edicións.
O partido disputouse no polideportivo municipal de Navia e o Casa paco enfrontábase ao vencedor do ano pasado, que ademais lograra a vitoria da fase de grupos. Con todo, esta final foi diferente e o equipo de adestra Sergio Rebanal púxose por diante xa dende o arranque do partido. Os goles foron obra de Pablo Landín e Lucas Blanco.
O Casa paco fíxose tamén o trofeo ao mellor xogador entregado a Martín Parga.
Pola súa banda o Racing de Castrelos sumou o seu primeiro trofeo en Sub 7 tras vencer ao Casa paco por 3-2 que tivo que conformarse cunha máis que meritoria segunda posición.
Xa en Sub8 o triunfo foi para o Real Club Celta que domina esta categoría nos últimos anos.