Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home de 62 anos tras roubar nun coche unha mochila con 4.000 euros

poli local

Axentes da Policía Local de Redondela detiveron na mañá de onte a un varón natural do Porriño de 62 anos de idade, tras recibir nas dependencias policiais unha denuncia que alertaba do roubo no interior dun vehículos estacionado nas inmediacións da piscina municipal.

Os feitos producíronse ao redor das sete de mañá de onte cando unha condutora deixou no seu vehículo unha mochila con 4.000 euros. Cando regresou, aproximadamente unha hora despois, decatouse de que a mochila fora substraída xunto con outras pertenencias, polo que procedeu a presentar a correspondentes denuncia.

Ao longo da mañá os axentes localizaron un varón con actitude sospeitosa e procederon ao seu rexistro localizándolle máis de tres mil euros enganchados nun nocelllo, cartos dos que non soubo dar explicación sobre a súa procedencia. Nas proximidades, tamén se localizaron unhas bolsas pertencentes a este varón que contíñan diversa documentación posiblemente sustraída doutros vehículos. De fetio non se descarta que ao longo dos vindeiros días se presenten novas denuncias doutras persoas afectadas.

O detido foi trasladado posteriormente pola Policía Nacional a comisaría de Vigo e está previsto que hoxe pase a disposición xudicial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará