Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela deixa o mellor dato do paro dos últimos anos

parao redondela

Non é doado atopar nos últimos datos unha cifra tan baixa de persoas desempregadas anotadas nas listas do paro. Son actualmente 1.394 as que buscan un emprego, cando hai un ano superábanse as 1500.  Unha tendencia ao optimismo que se constata tamén en concellos como Soutomaior, Pazos de Borbén ou Fornelos, municipios nos que o paro descendeu no pasado mes de xuño.

En Redondela son un total de 1394 persoas as que están en situacion de desemprego, o que supón 84 persoas menos que no mes anterior e 221 menos que hai exactamente un ano. De feito teriamos que remontarnos anos atrás para atopar un dato que mellorase o actual.

Un paro que descende tamén en Soutomaior ata situarse na cifra dos 486 desempregados (-38) ou en Pazos de Borbén, con 201 (-9). En Fornelos de Montes o descenso sería menor, sete desempregados menos que en maio cun total de 129 persoas desempregadas.

Un inicio da campaña estival que na nosa comunidade arranca cunha semanas de atrás respecto outras rexións do estados e que se traduciu na creación de 7.775 novos empregos netos, a razón de máis de 250 postos cada día do mes.

No ámbito estatal, a Seguridade Social gañou 115.607 afiliados en xuño, cifra que representa o terceiro maior incremento para ese mes e coa que volve marcar un récord con 20,3 millóns de cotizantes, segundo os datos proporcionados polos ministerios de Inclusión e de Traballo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará