Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manu Lourenzo repite como candidato do BNG a Soutomaior co obxectivo de acadar a alcaldía en 2023

bng souto

Arroupado polos alcaldes do BNG de toda a provincia de Pontevedra, como Barro, O Rosal, Mondariz e Ponteareas, por deputados e deputadas do BNG na Cámara galega e pola propia portavoz da formación nacionalista, Ana Pontón, Manu Lourenzo amosou a súa confianza en facerse coa alcaldía tras as eleccións de maio do vindeiro ano. Un compromiso ante 400 veciños e veciñas aos que lles trasladou a súa seguridade “de que coa forza de todos e todas vós, faremos de Soutomaior un concello dinámico, moderno e con futuro”.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo estar confiada de que Manu Lourenzo “será o mellor alcalde para Soutomaior porque demostra cada día que o seu obxectivo é transformar o concello para mellorar a vida das persoas”. Fixo fincapé na súa intervención na “lealdade, o entusiasmo, o compromiso, o corazón e a alegría” que o candidato demostra na súa defensa dos intereses de Soutomaior, “como fixo no grupo parlamentar nestes dous anos presentando iniciativas encamiñadas á mellora dos servizos públicos como a sanidade e educación do concello”.

Lourenzo agradeceu a confianza depositada nel e aproveitou as súas primeiras palabras como candidato confirmado para sinalar que “Soutomaior merece ter esperanza”. “Temos todo para ser un concello de primeira e daremos o mellor para ser o concello que pdoemos ser e que a veciñanza merece”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará