As deportistas do CR.Chapela-Wofco, lograron esta fin de semana o titulo de campioas da I Bandeira Feminina Concello de Rianxo, cunha regata moi emocionante na que conseguiron superar a Cabo Cruz, o seu gran rival polo título galego. Grazas a esta vitoria, os dous equipos sitúanse empatados á cabeza da Liga Galega de Traiñeiras.
Esta tempada hai dous equipos que demostran cada fin de semana que están por encima do resto. Cabo e Chapela enfróntanse man a man nunha loita constante polo primeiro posto, unha competición que fai que esta sexa unha das ligas máis interesantes dos últimos anos.
A regata, celebrada en augas de Rianxo, comezou coa Liga Feminina. Tras dous longos moi igualados entre as redondeláns e as de Boiro, Chapela logrou coller vantaxe no terceiro para chegar primeira á ciaboga. Durante este terceiro longo Cabo cometeu un erro, a traiñeira foise longa e tivo que volver arrincar desde parado. Tras un esforzo moi grande, non puideron recuperar a suficiente distancia e as de Redondela aproveitaron a vantaxe nun último longo que as posicionaba a máis de un minuto das demais embarcacións.
PUNTUACIÓN LIGA FEMININA GALEGA
1º CR CABO DA CRUZ 34
1º CR CHAPELA – WOFCO 34
2º CM MUGARDOS 27
3º SD TIRÁN – PEREIRA 24
4º CR RIANXO 19
5º CRN RIVEIRA 16
6º CR PUEBLA 10
7º CM CASTROPOL 8
8º CR SALGADO – PERILLO 8