Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG critica que o alcalde de Soutomaior tardara 18 días en convocar un pleno sobre sanidade

soutomairo

Lembran os nacionalistas que foi o día 1 de xullo cando solicitaron a convocatoria deste pleno extraordinario ante a situación sanitaria do concello, tras coñecer que Soutomaior ía quedar sen servizo de pediatría e matrona durante todo o mes de xullo debido a que o Sergas non está a cubrir as vacacións do persoal do centro de saúde.

“Malia á urxencia desta situación, que afecta e afectará a moitas familias do concello durante todo xullo, o alcalde, Agustín Reguera, optou por seguir a estratexia do PP na Xunta e deixar correr os días até esgotar o prazo da convocatoria, que finalmente chegou para o 18 de xullo”.

O portavoz municipal do BNG e deputado no Parlamento, Manu Lourenzo, criticou a “inacción do PP para intentar resolver unha situación denigrante para a veciñanza” como é a falta de persoal sanitario. “Cun alcalde serio, o pleno extraordinario estaría convocado canto antes”, explicou.

Para o BNG tamén resulta lamentábel que durante a Comisión de Sanidade de Soutomaior, celebrada o mércores 13, ante as propostas e solicitudes do BNG, o grupo do goberno optou polo silencio cómplice. En palabras do concelleiro Diego Moreira, “a única palabra que dixo o voceiro do goberno ante todas as propostas foi que se abstiñan, o cal é unha falta de respecto para a veciñanza que está a sufrir, Soutomaior non merece un goberno ausente e que se se abstén ante os problemas, que se posiciona coa Xunta e co PP contra Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará