Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela queda dous puntos por debaixo de Cabo da Cruz na Liga Galega de Traiñeiras

291902501_5035272389934665_2739757144402057586_n

A regata desta fin de semana da Liga Galega de Traiñeiras estivo chea de emoción grazas a rivalidade entre Cabo de Cruz e Chapela que loitaban por desfacer o empate.

A regata correspondía coa VI edición da Bandeira Cidade de Ferrol que se disputou na parte final da ría de Ferrol, coñecida polas súas fortes correntes. Ademais da dificultade que supoñía o mar, as traiñeiras participantes tiveron que facer fronte a seis longos e cinco ciabogas. Toda unha proba de resistencia para as deportistas.

A tripulación de Redondela comezou con ventaxa, pero finalmente o triunfo foi para a traiñeira boirense que que adiantou durante o segundo longo. Cabo da Cruz superou a Chapela con 25 segundos de distancia entre ambas embarcacións.  Por detrás de Chapela quedou Tirán sumando 7 puntos  a súa clasificación xeral e posicionándose en cuarto luga, moi preto do terceiro posto que pertence a Murgados.

Clasificación xeral da Liga Feminina

1º CR CABO DA CRUZ 52
2º CR CHAPELA – WOFCO 50
3º CM MUGARDOS 38
4º SD TIRÁN – PEREIRA 37
5º CR RIANXO 30
6º CRN RIVEIRA 20
7º CM CASTROPOL 16
8º CR PUEBLA 15
9º CR SALGADO – PERILLO 12

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará