Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rego reclama ao Goberno do Estado que descarte o transvasamento da conca do Verdugo-Oitavén

verdugo

A organización nacionalista defende a coordinación e colaboración de todas as administracións afectadas para buscar a mellor solución. Neste sentido defenden a posta en marcha dun Plan comarcal de xestión eficiente da auga que garanta o abastecemento á comarca de Vigo e se descarte o polémico transvasamento do río Verdugo.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas na cámara baixa para demandar ao Goberno do Estado que descarte o polémico transvasamento do río Verdugo na súa confluencia co río Oitavén e reclama unha escoita activa para coñecer a posición da veciñanza e as administracións locais afectadas. A organización nacionalista reclama que o que se precisa é un maior investimento por parte do executivo estatal para a mellora da rede de abastecemento de auga da cidade de Vigo e a comarca para dar solución aos problemas de perdas que presenta este territorio.

En opinión do deputado nacionalista, é necesario abrir un debate rigoroso que conte coa participación de todas as administracións afectadas sobre a xestión hidrográfica e o aproveitamento sustentábel dos recursos hídricos. “Deben descartarse alternativas de gran impacto ambiental e económico como a proposta dun transvasamento ou a construción dun novo encoro, apostando en cambio por mellorar a eficiencia dos sistemas de captación, almacenamento e abastecemento de auga, co que se conseguiría reducir sensibelmente as perdas de auga nas canalizacións que poden chegar a 30%” afirma Rego.

A proposta do transvasamento conta tamén coa posición contraria da Administración galega. Mesmo o Goberno do Estado tamén valora negativamente esta posibilidade, pois admite que “é certo que unha captación na confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén non representa por si mesma unha solución ao problema de abastecemento debido a que nos meses de estiaxe, o caudal circulante nese punto é moi reducido e chega a non ser superior ao caudal ecolóxico”.

Desde o sector pesqueiro e marisqueiro tamén rexeitan este proxecto posto que causará un enorme impacto nas concas de ambos os ríos o que repercutirá de maneira negativa no ecosistema da Ría de Vigo. “O Verdugo e o Oitavén achegan un caudal continuo de auga doce á Ría e pódese descompensar a salinidade da enseada de San Simón” salienta Rego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará