Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

200 persoas reclaman mellores condicións para as persoas traballadoras e usuarias do SAF

WhatsApp Image 2022-07-21 at 14.45.31

A Praza do Concello acolleu hoxe unha concentración convocada pola central sindical CUT convoca para reclamar mellores condicións laborais para as traballadoras e traballadores do centro así como unha mellora da atención que se lle está a prestar aos usuarios. Á protesta, que tivo lugar ás 12h, acudiron representantes políticos do BNG, AER e o PP.

Dende a CUT aseguran que non se está dando resposta ás peticións para mellorar o servizo que dende o 28 de maio xestiona a empresa “Os ventos Innovacións e servizos SL”. As traballadoras denuncian que non teñen recibido o ingreso das súas nóminas e que existe unha falta de material que impide facer de forma segura o seu traballo.

Acusan tamén á concesionaria de non xestionar debidamente as gardas de emerxencia, tardes, fin de semana e festivos “o que está producindo nalgunhas ocasións incidentes graves, deixando servizos sen atender e quedando a resolución dos problemas en mans das auxiliares”.

Rebeca,  delegada da Central Unitaria de Traballadoras, estaba ao fronte da manifestación para reclamar ao goberno local que se cumpran as demandas xa que considera que  “o servizo de coidados aos maiores e as persoas dependentes debe ser asumido colectivamente e que o último responsable de todo isto é o concello”.

“Temos que coidar ós nosos maiores, nós dentro de pouco tamén necesitaremos coidados dignos”, Rebeca delegada da CUT.

Esta situación, aseguran dende a CUT, está a acontecer noutros concellos entre os que se atopan Cariño, Crecente, Vilanova de Arousa e Ponte Caldelas. O obxectivo é facer ver que a problemática se estende converténdose nunha problemática social que non afecta exclusivamente ao ámbito local.

Dende o BNG, Xoán Carlos González asistía a esta concentración para dar apoio e demandar a re-municipalización do servizo, algo que consideran o máis xusto para todos e todas. Aínda que dende o Concello están facendo un seguimento exhaustivo, os nacionalistas consideran que é necesario seguir insistindo na urxencia da problemática.

“Se non defendemos o servizo público, sempre vai mediar o interese da empresa”, Xoán Carlos do BNG.

No acto tamén se atopaba Sandra Bastos, concelleira do PP. O Partido Popular únese a protesta para defender os dereitos  básicos das traballadoras e reclaman que se esixa a empresa que cumpran cos pregos de condicións.

“É unha situación grave que se ten que actualizar”, Sandra Bastos do PP.

Unha mobilización na que tamén había representación de AER. O Concelleiro Daniel Boullosa xustificaba a protesta “ante a situación de precariedade laboral das traballadoras”. Lamentan que malia “ser coñecedores de que dende o Concello se está a fiscalizar á empresa, tememos que os problemas non se van arranxar a curto prazo”.

Daniel Boullosa, AER

Neste sentido, dende o Concello aseguran que dende o primeiro momento que saíron as protestas fíxose unha fiscalización continuad, para garantir que a empresa se axuste aos principios de legalidade.  A intención do goberno local é que se cumpran todos os pregos, pero piden tempo .”“Estamos supervisando as peticións e subindo informes diariamente para que todas as reclamacións sexan atendidas” segundo explicaba a alcaldesa Digna Rivas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Los primeros y únicos responsables de que esto suceda son los que sacan a concursos públicos servicios con un precio reducido y a consecuencia se presentan empresas que de base ya no cumplen con convenios ni pliegos. Pelear por un salario y unas condiciones laborales que marca la ley, no es pedir limosna es pedir justicia. Justicia laboral y que escuchen las autoridades y las empresas que no hay q solicitar que se cumpla la normativa, la normativa tiene que ser implantada desde el minuto cero.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará