Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela pelexará pola LGT feminina

ChapelaFestexa

O club celebrou en Chapela a vitoria no Campionato de España de Traiñeiras

Co título de campioas de España de Traiñeiras no peto, as deportistas de Chapela non deixan de lado a Liga Galega de Traiñeiras, onde seguen na pelexa polo liderato xunto a Cabo de Cruz. En augas asturianas de Castropol foron as máis rápidas nunha regata moi pelexada. Completaron o podio as galegas de Cabo da Cruz e A Cabana, coas anfitrioas de Castropol xa moi afastadas na cuarta praza. Excelente resultado tamén para o barco masculino no que os remeiros de Chapela acadaron o bronce, por detrás de Bueu e Samertolameu. A proba, en augas abertas, serviulles tamén para probar o barco de cara a próximas regatas da LGT en condicións similares, como a cita coruñesa coa bandeira de Ribeira e oTeresa Herrera.

Santiago Lago é o adestrador do equipo feminino do CR Chapela

Na loita polo título da Liga Galega seguen detrás das de Boiro só por un punto. Por iso seguirán pelexando “mentres teñan opcións”, explica o seu adestrador Santiago Lago.

Na LGT seguen na pelexa polo título cunto a Cabo da Cruz

A próxima cita será o domingo coa Bandeira Princesa de Asturias, tanto na categoría feminina como na LGT B na que participa o equipo masculino de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará