Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban céspede do campo de fútbol de Chapela

Campo de Fútbol de Chapela

O Chapela Club de Fútbol foi obxecto dun roubo. Non se trata de cartos ou material deportivo, senón dun anaco de céspede do propio campo, uns 20 metros cadrados, aproximadamente. Desde o club agradecen a colaboración cidadá para dar co autor ou autores deste feito. Advirten que non se trata dun acto de vandalismo nin unha “gamberrada”, xa que o céspede foi perfectamente cortado e cunhas medidas ben definidas. O anaco que falta está entre a liña que delimita o rectángulo de xogo e o final do terreo, un rectángulo de 10,20 metros de longo por 2 metros de ancho.

Desde o Concello lamentan o sucedido no Campo de Fútbol de Chapela, propiedade da Comunidade de Montes “e prestará a súa colaboración para dar coa persoa ou persoas responsables dos feitos”. A alcaldesa Digna Rivas chama tamén á colaboración cidadá “para poñer en coñecemento da Policía Local, Concello ou Comunidade de Montes, calquera pista que poida conducir á identificación do autor ou autores de tan lamentables feitos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará