Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Pazos padecen malos cheiros polo lixo acumulado durante días

LixoPazos

O BNG de Pazos de Borbén denuncia deficiencias na recollida do lixo e o mal estado dos contedores no municipio. Denuncian a falta de supervisión por parte do goberno local deste servizo municipal privatizado, que empeora a prestacións aos veciños durante o verán. O lixo acumúlase en todos os barrios “porque están os contedores cheos sen recoller durante días” sinala o responsable local Xurxo Pardo. Esta situación provoca que durante o tempo de calor a veciñanza estea a soportar os malos cheiros procedentes dos residuos “que ás veces se acumulan  máis dunha semana”. Afirma Pardo que as deficiencias no servizo empeoraron desde que a recollida do lixo están en mans da empresa Urbaser. O BNG explica que non están a cubrir as vacacións do persoal, o que provoca que o lixo se acumule durante días “precisamente en plena vaga de calor”. Outro problema engadido é a falta de limpeza e o mal estado dos contedores “que están rachados e remendados por todas partes”, apuntan desde o BNG. Xurxo Pardo solicita ao alcalde Andrés Iglesias “que faga o seu traballo e supervise ás empresas concesionarias” e no caso de Urbaser piden que se lle abra un expediente sancionador “por non cumprir o contrato e desatender as súas obrigas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará