Imaxe de arquivo dunhas obras de saneamento
O Consello de Contas de Galicia arquivou a denuncia presentada por Roberto Villar e Susana Couñago, membros da Agrupación de Electores de Redondela (AER) por “irregularidades nos expedientes de obras de saneamento” tramitados dende 2010 polo Concello, durante o anterior goberno local do PP dirixido por Javier Bas. A responsable da Concellaría de Vías e Obras era María José Barciela, e AER acusábaa de “anomalías na xestión dos fondos públicos” destinados a estas obras e de “irregularidades” na súa contratación. O Tribunal de Contas ordenou o arquivo da denuncia subliñando que “non se achega documentación acreditativa algunha das irregularidades denunciadas”.