Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos recupera a romaría do Santo Aparecido

Festa Santo Aparecido (1)

A xornada do sábado contará con actuacións musicais, actividades para nenos e unha gran sardiñada popular con pan de millo e viño de balde.

O barrio de Pousiño, en Pazos de Borbén, celebra este sábado a súa tradicional romaría do Santo Aparecido. Un festexo que, tras dous anos suspendido pola pandemia, volverá reunir a centos de veciños e devotos no miradoiro que leva o nome do Santo, no Monte da Berra.

A xornada inaugurarase ao mediodía coa actuación musical do grupo “O trebón dos xidos”. A continuación, ás 13.00 horas, oficiarase a misa campestre e, unha vez finalizado o oficio, darase paso á comida. Os interesados poderán reservar a súa mesa na gran carpa e o xantar no teléfono 654 524 490. A diversión volverá á primeira hora da tarde cos  xogos populares dirixidos tanto a mozos como a maiores, e a animación musical da banda de gaitas e tambores “San Campio de Lonxe”.

Outro dos grandes atractivos da celebración será a sardiñada popular na que non faltará o pan de millo e o viño de balde para todos os asistentes. A música, a partir das das 23:30 horas, correrá a cargo dos DJs David Correa e DJ Charlie. Durante o concerto os asistentes disporán de cervexa e chocolate con rosca, todo de forma gratuíta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará