Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Balonmán, xogos e moita diversión no campamento de conciliación da SAR

SarConcilia

A SAR pon en marcha o programa “Balonmán Concilia”, dirixido a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos de idade. Celebrarase os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1, 5, 6 e 7 de setembro. As actividades faranse no pavillón da Bomboneira en horario de 9.00 a 13.30. Os participares poderán practicar balonmán, pero tamén facer actividades de multideporte e xogos. A inscrición é gratuíta, e pode facerse a través do enderezo veranosar2022@gmail.com ou nos teléfonos 647 570 788  640 508 237. Esta actividade está financiada polo Secretaría Xeral para o Deporte dentro do Plan Corresponsables.

Escaseza de horarios para adestrar na Bomboneira

O pavillón da Bomboneira, onde adestran todas as categorías da SAR, queda pequenos para os 19 equipos do club. O presidente, Aurelio Krook, afirma que malia ter en exclusiva estas instalacións, os grupos adestran menos de dúas horas semanais de media. No caso dos equipos de máxima categoría, de División de Honra Prata e Primeira Nacional, son 4 horas semanais “tempo insuficiente para facer un traballo en condicións nestas ligas tan esixentes”. Por iso solicitan da Concellería de Deportes que, se non é posible aumentar os horarios de adestramentos, polo menos “non perder horas con respecto ás que tiñamos a temporada pasada”.

Aurelio Krook “Lito” é o presidente da SAR
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará