Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O socialismo galego esixe á Xunta que cumpra con Redondela

Mendiñoformoso

Denuncia a “política desleal” do goberno de Rueda con Redondela por non ter realizado as obras da Avenida Mendiño e polo recorte de profesorado no IES Mendiño.

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, visitou onte Redondela acompañado pola alcaldes, Digna Rivas, deputados provinciais do PSdG, concelleiros e veciños. Formoso cualificou de “deplorable” o estado no que se atopa a Avenida Mendiño, de competencia autonómica, e mantivo un encontro con representantes da ANPA do IES Mendiño e Federación de ANPAS de Redondela.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso denunciou a “deslealdade institucional” da Xunta ao bloquear a mellora da avenida Mendiño malia o acordo do ano 2009. Trátase dunha vía de comunicación fundamental para Redondela, que une a vila cos centros escolares, instalacións deportivas e o centro de saúde.

Formoso esixe á Xunta que inclúa no orzamento de 2023 a execución das obras da Avda Mendiño

A alcaldesa, Digna Rivas, denunciou o incumprimentos da Xunta coa veciñanza de Redondela, malia que as obras de anunciaran polo PP nas vésperas das eleccións municipais. O Concello “fixo os deberes”, sinalou, ao reter o crédito que lle solicitara a Xunta en decembro de 2021, pero “seguimos agardando” pola actuación da Xunta.

Rivas asegura que “non parará” ata que a Xunta cumpra o seu compromiso cos redondeláns

O grupo socialista denunciou tamén a “irresponsabilidade” do goberno galego co ensino pública, logo suprimir 4 mestres no IES Mendiño. Tanto Formoso como Rivas fixeron fincapé no traballo conxunto coa ANPA do IES Mendiño e a Federación de ANPAS para frear este recorte. O presidente da ANPA, Anxo Lusquiños, agredeceu o seu apoio ao tempo que criticou á Consellería de Educación, que non explicación algunha para esta redución de mestres.

Anxo Lusquiños é o presidente da ANPA do IES Mendiño

As familias do alumnado, co apoio do Concello, porán en marcha mobilizacións para esixir que se manteña o mesmo número de docentes que o curso pasado. O vindeiro venres, 2 de setembro, convocan unha concentración diante do Casa do Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará