Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón levar os concertos do Entroido de Verán á explanada da depuradora

EDAR

A Agrupación de Electores de Redondela solicitou que todos os grupos municipais, conxuntamente coa Policía Local, estuden un novo emprazamento para os concertos do Entroido de Verán dos próximos anos. Sinalan que “as queixas de centos de veciños que non puideron descansar polo excesivo ruído dos 50.000 asistentes” obrigan a estudar cambios.

Segundo datos da Policía Local, máis de cen veciños de Redondela fixeron denuncias telefónicas polas molestias da festa celebrada o pasado 20 de agosto e que se prolongou ata o amencer do día 21. Aos concertos do programa oficial ata as 4.00 horas sumouse a música nas rúas.  AER considera que a dimensión que ten adquirido o Entroido de Verán de Redondela “merece unha reflexión para pór en marcha medidas que reorienten a súa celebración”. A proposta de AER pasa pola “racionalización dos horarios do programa oficial, e que non supere aos das festas da Coca”. Entenden tamén que é necesario estudar un cambio de localización para o programa oficial do Entroido de Verán “nun lugar menos céntrico que o Campo da Feira, por exemplo, na explanada da depuradora”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará