Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A situación do Servizo de Axuda no Fogar debaterase nun pleno a petición do PP

SandraBastos

Sandra Bastos, edil do PP

Os populares esixen que se “blinde” a asistencia aos 200 usuarios dependen do SAF e a resolución do contrato coa empresa Os Ventos polos seus incumprimentos.

As queixas de usuarios do servizo, familiares, traballadoras e sindicatos do SAF de Redondela levaron ao grupo municipal do PP a solicitar a celebración dun pleno extraordinario para debater o asunto. Os populares lembran que os 200 usuarios do Servizo de Axuda no Fogar de Redondela son persoas de idade avanzada, con problemas de mobilidade e en situación de dependencia. Nun comunicado, o grupo municipal do PP explica que “por responsabilidade e para evitar que os usuarios sigan sufrindo as consecuencias” forzaron a convocatoria deste Pleno Extraordinario que será o xoves, 8 de setembro, ás 18:30 horas. Na sesión plenaria pedirán explicacións á alcaldesa Digna Rivas e á concelleira de  Benestar Social, Iria Vilaboa “por terse desentendido desta situación”. A edil popular Sandra Bastos adianta que Rivas terá que xustificar “por que en 5 meses non pediron responsabilidades a Os Ventos sobre os reiterados incumprimentos do contrato denunciados por usuarios e traballadores”. A CUT denunciou que durante varios días os usuarios quedaron sen atender por falta de persoal.
Os populares, ademais de solicitar á Corporación que reprobe a xestión da alcaldesa de Redondela, pedirá que adopte unha serie de decisións para blindar a atención aos máis de 200 usuarios que dependen do SAF. Tamén propoñen que o Concello proceda á realización dunha Auditoría sobre a xestión da empresa adxudicataria. Solicitarán que se abra un expediente administrativo,  incluíndo a posible resolución do contrato “á vista do flagrante incumprimento das condicións de prestación deste servizo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará