Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP garante que o IES Mendiño manterá o número de profesores

alberto pazos counago

O grupo popular lamenta “a politización da educación” por parte da alcaldesa e do secretario xeral do seu partido en Galicia. Advirten que non subscribirá o manifesto da ANPA sobre o recorte na calidade de ensino que si apoian PSOE, AER e BNG. Nun comunicado o PP rexeita os argumentos de Rivas e Formoso de que exista unha redución no número de profesores do IES Mendiño. O deputado PP, o redondelán Alberto Pazos, afirma que as declaración de Valentín González Formoso en Redondela  “teñen como obxectivo desviar a atención da desastrosa xestión da alcaldesa do PSOE”. Pazos esgrime os datos da Consellería de Educación, de acordo cos cales non só se mantén o número de profesores no IES Mendiño, senón que aumenta en relación co total de alumnos do centro. Así, en 2019 había 423 estudantes no instituto, número que descendeu na actualidade a 413 sen que se reducise o seu claustro. O que se produce é “a recuperación da situación anterior á pandemia por Covid”. O Partido non subscribirá o manifesto no que se denuncia unha diminución na calidade do ensino no IES Mendiño porque é “totalmente inexacto”. O portavoz popular insisten en que a Xunta de Galicia xa aprobou medidas para a mellora educativa “tanto neste instituto como no resto dos centros educativos de Redondela”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Non politicemos, pero o patio cuberto do santamariña igual se construe cando a sua filla sexa Aboa. Debe ser un proxecto mais complicado ca cidade da cultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará