Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e outros Concellos da área esixen fondos á Xunta para afrontar a seca

reunion-alcaldes-seca

Convocados polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, varios alcaldes da área metropolitana reuníronse para tratar o problema da seca que afecta á comarca. Na xuntanza, á que asistiu a alcaldesa de Redondela Digna Rivas, os responsables municipais criticaron “a falta de investimentos da Xunta para garantir o abastecemento de auga”. Ao encontro acudiron tamén os mandatarios locais de Gondomar, Cangas, Moaña, Salceda, o alcalde accidental de Mos e a concelleira de Medio Ambiente do Porriño. Puxeron en común que todos os Concellos tomaron medidas para aforrar auga. Destacaron a ausencia de investimentos da Xunta nas redes de abastecemento, o que produce fugas moi importantes 2que supoñen perdas de auga de até un 30 %». O alcalde de Vigo afirma que os concellos xa están a facer todo o que poden para aforrar auga, coa supresión de baldeos nas rúas, fontes pechadas, ducha limitadas nas praias ou a prohibición de encher as piscinas. A administración local está a facer ademais unha nova potabilizadora que é para Vigo e tamén para Redondela, Cangas  e Mos. Á saída da reunión, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explicou que hai parroquias que están a vivir unha situación moi preocupante, e moitas comunidades de augas xa están con restricións. Avoga por aparcar as diferenzas políticas e sentar a falar coa Xunta para buscar solucións. A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, afirma que “é necesario que a Xunta destine recursos aos concellos, que achegan un canon da auga, que debería de reverter en investimentos para as súas redes de abastecemento”.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, respondeu que a Administración autonómica hai “moito tempo” que avisou ao Concello de Vigo das condicións nas que se atopaba a potabilizadora da cidade. Tamén indicou que o Goberno local estaba advertido de que se chegaba un  momento de seca ía ter “moitas dificultades” para garantir o abastecemento. Rueda reprochou a Caballero que cando ten un problema “tenta convertelo nunha polémica coa Xunta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará