Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela contará cunha alameda renovada máis verde e accesible

AlamedaChapela

O Concello abre o proceso de licitación das obras de remodelación e mellora da alameda Rosalía de Castro con máis zonas verdes.
O Concello de Redondela ten aberto o proceso de licitación das obras da Alameda Rosalía de Castro de Chapela, traballos que “permitirán a remodelación e mellora dun espazo céntrico moi utilizado pola veciñanza”, explica a concelleira de Urbanismo María Castro. O espazo gañará zonas verdes, de sombra e de esparexemento. O proxecto, elaborado polo estudo de arquitectura Gándara e Pons, vai redefinir este espazo e mellorará a accesibilidade para os peóns.

María Castro é a concelleira de Urbanismo

Esta zona da parroquia xa gañou nos últimos tempos novos espazos públicos que estaban infrautilizados como o antigo apeadoiro de ferrocarril e a propia vía férrea,  que agora forman parte da Vía Verde. A renovada alameda, como centro neurálxico de convivencia, mellorará o uso público da zona. Instalaranse  zonas de sombra con estruturas de aceiro negro e cubertas téxtiles. Para facer os itinerarios de peóns máis accesibles, utilizaranse  pavimentos táctiles que servirán para “orientar, dirixir e advertir ás persoas cegas sen que iso constitúa nin perigo nin molestia para o tránsito”. Esta reforma servirá tamén para “revitalizar o comercio da zona e a praza de abastos”. Castro prevé que, unha vez rematado o proceso de licitación, as obras poidan comezar antes de final de ano.

A reforma da alameda contribuirá a revitalizar o comercio da zona

A estas melloras engadiranse en breve a remodelación do campito e a creación do skatepark no final da Vía Verde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará