Gran regata das deportistas do Chapela-Wofco, que xunto con Cabo da Cruz serán as representantes do remo galego na Bandeira da Concha 2022. Serán os únicos barcos da nosa comunidade na competición, xa que non haberá representación en categoría masculina. Cabo e Chapela conseguiron pasar o esixente filtro entre as 19 candidatas que había na pelexa para un total de 7 prazas. As de Cabo entraron en 5ª posición, e as de Redondela en 7ª na regata clasificatoria contrarreloxo celebrada onte. As máis rápidas foron, tal como se agardaba, as traiñeiras líderes da liga Euskotren: Donosti Arraún Lagunak, Orio e Tolosa . Sorteadas xa as quendas para o domingo, na primeira, ás 11:00 horas, estarán: Hibaika, Tolosa, Cabo da Cruz e Hondarribia e na segunda quenda: Donostia Arraún Lagunak, Orio, Donostiarra Ur Kirolak e Chapela-Wofco.
Os equipos galegos masculinos, malia o seu esforzo, só puideron estar nos grupos de atrás e non obtiveron o pase para a final.