Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Cabo defenden o remo galego na Concha

ChapelaEuskadi

As deportistas do CR Chapela, ao igual que as de Cabo da Cruz, fixeron os deberes en augas vascas. As dúas traiñeiras eran as únicas representantes galegas na primeira xornada da Regata da Concha disputada onte xunto cos barcos líderes da liga Euskotren. As galegas fixeron un gran esforzo, pero a superioridade das vascas quedou patente. Cabo foi terceira na primeira serie e Chapela rematou cuarta na segunda, o que as levou ás prazas sétima e oitava na xeral. O certo é que só participar nunha final da Concha xa é todo un triunfo para estas embarcacións e para o remo feminino galego. A primeira quenda reuniu a Hondarribia, Tolosa, Hibaika e Cabo da Cruz, na segunda estiveron Orio, Amenabar Donostia Arraun Lagunak , Donostia Ur Kirolak e Chapela-Wofco.

O vindeiro domingo, na segunda xornada, Chapela-Wofco e Cabo competirán na primeira quenda xunto con Tolosa e Hibaika. A segunda estará composta polas favoritas e líderes da liga Euskotren: Orio, Amenabar Donostia Arraun, Hondarribia e Donostiarra Ur Kirolak.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará