Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Gran Peña golea ao CD Choco en Barreiro

GranPeña-Choco

Terceira División

Gran Peña 6-2 Choco

Dura derrota no Municipal de Barreiro para o plantel vermello. O equipo de de Juan Amoedo non soubo aproveitar a superioridade numérica na segunda metade, cando o partido chegaba ao descanso cun 2-2 no marcador. A xuventude do conxunto celeste sobrepasou a experiencia do Choco e non desaproveitaron as chegadas á portería choqueira.

No 33 abriría o luminoso Rivera, gol que obtería pronta reposta cun bo tanto de Fran Monroy no minuto 35. Pero pouco durou a alegría da bancada, repleta de afección choqueira, pois tres minutos despois Javier Rodríguez ampliaría distancias. O CD Choco non se sentiu cómodo en ningún momento do partido. Non foi que de coller o ritmo, cedendo o dominio do esférico e a iniciativa do xogo aos anfitrións. Antes do descanso Adri marcaría dende o punto de penalti o segundo para os seus, nunha xogada que supuxo a expulsión de Ju. Co empate chegaronao descanso. Cun xogador menos, no inicio da segunda parecía que o CD Choco levaría a iniciativa máis o gol de Brais no 60 e de Gael no 63 daríanlle máis vida ao equipo local que remataría de sentenciar o encontro con dous goles máis de David de la Iglesia e Rubén Figueiras.

Gran Peña FC: César, Javier Rodríguez, Gael, Javier Piay, Ju, Mario, Sobrido, Rivera, Manuel Fernández, David de la Iglesia, Fran López. Tamén xogaron Penela, Prado, Rubén Figueiras, Tarensi.

Club Deportivo Choco: Ángel Expósito (p), Ronald, Anxo Vilas, Juanma Justo, Comis, Fran Monroy, Félix, Kopa, Elías, Adrie Berni. Tamén xogaron Caramés, Cora, Ube, Toni e Samu Vilariño

Goles: 1-0 Rivera (33’), 1-1 Monroy (35’), 2-1 Javier Rodríguez (38’), 2-2 Adri (45’), 3-2 Penela (60’), 4-2 Gael (63’), 5-2 De la Iglesia (77’), 6-2 Figueiras (89’).

O equipo redondelán recibirá este domingo en Santa Mariña ao líder, o Silva, que sumou dous triunfos neste arranque ligueiro.

Primeira Autonómica

Pontecaldelas 0-2 Arcade

Os de Soutomaior lideran a táboa logo da súa segunda vitoria neste inicio da competición. O domigo recibirán ao Campo Lameiro

Segunda Galicia

Cesantes 0-3 Caldas

O Grove 0-4 Soutomaior

Próxima xornada Sampaio-Cesantes e Soutomaior-Marcón

Terceira Galicia

At Vilar 0-2 San Miguel

Nespereira 0-11 Chapela

Os de Chapela lideran a táboa logo de dúas xornadas mentres que Nespereira e Vilar están na parte baixa da clasificación

Fútbol Sala

Terceira Nacional

Redondela Maramar 7-7 Concello de Begonte

O conxunto redondelán comeza cun importante empate e con moitos goles a competición, logo de acadar o ascenso á categoría nacional. Na próxima xornada desprázanse para xogar na pista do Stellae Padrón, que suma tres puntos logo de gañar en Vigo ante o Beade.

Noia B 1-4 Pazos

Os de Fran Amoedo regresaron a Terceira cunha vitoria na pista do filial do Noia, e demostraron ser moi superiores aos anfitrións. Esta fin de semana disputarán o primeiro partido na casa ante o Praias de Barreiro, que suma tamén tres puntos logo de gañar o primeiro encontro ante o Vigo 2015.

Preferente

Valadares 3-3 Campito Chapela

Valadares 3-3 Campito Chapela. Na próxima xornada Campito-As Neves

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará