Participantes no Día do Remo nunha edición anterior. Foto: Máximo Expósito
O paseo de Cardona acolle este sábado o VI Día do Remo. Logo de ter que cancelar a cita os últimos dous anos por mor da pandemia, a celebración recupérase “con máis gañas ca nunca”. As actividades comezarán ás 11.00 horas cunha travesía pola ría. Trátase dunha ruta multidisciplinar, xa que esta aberta á participación de calquera embarcación a remo, como poden ser traiñeiras, bateis, canoas, kaiaks, gamelas, dornas, etc. Partirán desde a praia de Arealonga rumbo ao Meirande, onde se celebrará unha representación da Batalla de Rande. Ao remate haberá un xantar cunha gran paella, segundo explica o presidente do CR Chapela Julio Prado.
As actividades continuarán pola tarde, cunha regata ás 17.00 horas na que participarán remeiros veteranos de Chapela e doutros clubs galegos en diferentes tandas, para celebrar logo a tradicional cea cun asado de tenreira cunhas 600 racións.
Rematada a temporada de remo, e cando comeza a campaña 22-23, esta xornada será unha gran celebración. Logo de ter que cancelala os últimos dous anos por mor da pandemia, a celebración recupérase “con máis gañas ca nunca”.
As actividades continuarán despois da cea con sorteo de agasallos e música para amenizar a noite.