Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quico, un dos últimos guerrilleiros antifranquistas, presenta o libro “Caminos de resistencia”

el quico

A Casa da Cultura acolle hoxe luns 26 ás 20:00 horas a presentación do libro Caminos de Resistencia, obra de Francisco Martínez-López, Quico, un dos derradeiros superviventes da guerrilla antifranquista, da que formou parte durante a súa xuventude no movemento que actuou en León-Galicia.  O acto, organizado polo Colectivo Republicano de Redondela, contará coa presenza da escritora e historiadora María Torrres Cela e a escritora e investigadora, Odette martínez Maler quen participarán nunha charla xunto co autor do libro.

O Quico naceu no Bierzo o 1 de outubro de 1925, no seno dunha familia republicana de campesiños e de mineiros implicada na rede de enlaces do movemento guerrillero de León e Galiza. Este apoio a resistencia armada antifranquista constitúe para Quico unha escola política e, dende moi xoven, participa no Servizo de Información Republicana (SIR) dirixido pola Federación de Guerrillas de León e Galicia. Descuberto pola policía en setembro de 1947, pola súa actividade clandestina, consigue fuxir e incorporase a guerrilla no momento en que se forma a segunda agrupación do Exército Guerrilleiro, vinculada o Partido Comunista.

O Quico foi un dos moitos que loitaron na postguerra española contra a ditadura frnaquista. Falará neste acto sobre a súa experiencia na clandestinidade nos montes de Galicia e león nos anos 40 e na súa participación no exército guerrilleiro Galicia- León. Fará unha reivindicación da súa actividade armada contra o réxime dictatorial de Franco.

Actualmente colabora activamente nunha labor de transmisión da memoria antifascista con encontros nos institutos, colexios, universidades, casas da cultura, colectivos asociativos locais. En Alicante, onde vive, contribue a colectas e grabacións de testimonios sobre a guerrilla e sobre as detencións nos campos de concentración e cárceres. A súa actividade segue centrándose na loita contra a desaparición e o esquecemento das referencias a resistencia e loita  antifranquista

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará