Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior da luz verde a un Plan Especial que permitirá expropiar os terreos para o novo centro de saúde

centro saúde

O pleno da corporación municipal aprobou cos votos do goberno local, o plan especial de infraestruturas e dotacións que permitirá ao consistorio adquirir os terreos necesarios e polos a disposición da Xunta de Galicia, encargada de acometer a construción. O novo centro de saúde contará cunha superficie construída de 1500 metros cadrados e máis de 6000 metros dedicados a zonas de aparcadoiro e servizos

Tras a aprobación definitiva do plan, será necesario esperar á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e inscribir o plan no rexistro urbanístico de Galicia para poder iniciar as expropiacións. Ademais, segundo indicou o alcalde, nas próximas semanas asinarase un convenio coa Consellería de Sanidade para iniciar a redacción do proxecto técnico do centro de saúde.

O alcalde Agustín Reguera salientou que se están a dar os pasos necesarios para reducir todos os prazos de tramitación e lamentou non contar co apoio de todas as institucións neste camiños “o permiso de Costas tívose que obter por silencio administrativo, atrasando todo durante meses”.

O novo centro de saúde contará cunha superficie construída de 1500 metros cadrados e máis de 6000 metros dedicados a zonas de aparcadoiro e servizos. Substituirá ao actual ambulatorio de Arcade e ao consultorio de Soutomaior e terá capacidade suficiente para acoller a novos médicos que alivien a situación da atención sanitaria no municipio.

Festivos locais

Do mesmo xeito, o pleno da corporación aprobou fixar os festivos locais do próximo ano. Estes serán o Luns de Pascua e o día do Patrón Local, San Salvador, que se celebrará o día 7 de agosto. Por último, a corporación aprobou delegar no sistema ORAL a inspección, emisión e recadación da taxa do 1,5% sobre a facturación das compañías eléctricas que operan no municipio. Un imposto derivado da ocupación do dominio público por parte destas empresas para o exercicio da súa actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará