Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Negros celebra as vodas de prata da súa festa da mazá

festa mazá

A Festa da Mazá cumpre 25 anos e faino recuperando a normalidade tras dous anos de pandemia. Nesta edición, con Emilio Antón a cabeza, traballan arreo para ter preparados os 3.500 litros de sidra que se repartirán na festa para acompañar os diferentes pratos que se poderán degustar a partir das 20:00 horas do sábado e durante toda a xornada do domingo.

“Confiamos en volver repetir o éxito de anos previos cando máis de tres mil persoas, chegadas de diferentes puntos non só da provincia senón de toda Galicia” se achegaron ao recinto da festa para degustar os diferentes pratos. Unha oferta gastronómica onde un dos seus ingredientes fundamentais é a mazá: empanada de bacallau con mazá, chourizo a sidra, brochetas de peituga de polo con mazá, costela con mazá e como novidade desta edición a empanada de lombo con mazá.

Emilio Antón fálanos da celebración desta XXV edición

Sidra artesanal e pratos caseiros que son posible grazas ao traballos das 40 persoas que colaboran coa Comisión de Festas e as doazóns da veciñanza que achegaron 5.500 kilos de mazás.  Unha froita que este ano, debido as poucas chuvias dos últimos meses, “son máis pequenas do habitual, pero que en contrapartida están dando moi bo zume”.

Os prezos mantéñense como en edicións anteriores “haberá incremento nalgún prato, pero en todo caso a variación será mínima” asegura Antón quen apunta tamén que durante toda a fin de semana haberá música para animar a festa: o grupo Pentágono o sábado a partir das 22:00 horas e xa o domingo o show de Juan de Arcade, Ashely Ferraro e Ana Angueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará