Un total de 30 establecementos ofrecen durante a xornada de hoxe e mañá os seus produtos rebaixados e ofertas especiais nesta feira de oportunidades do comercio local. Os stands, instalados na Alameda Castelao, recibían unha importante influencia de público dende primeira hora. Os clientes contan con tickets de aparcamento gratuítos para facilitar a mobilidade e o estacionamento.
O evento comercial, organizado pola Asociación de Empresarios en colaboración co Concello, supón unha oportunidade para os establecementos participantes de liquidar o seu stock de cara a entrada de nova mercaduría e, para a clientela, a posiblidade de facerse con produtos de calidade a un prezo máis económico.
A feira conta, a maiores, con distintos espazos de xogos infantís coa posibilidade de que os mais pequenos queden ao coidado dos monitores mentres se realicen as compras.
Para facilitar a accesibilidade e o estacionamento coas compras realizadas poderanse obter tickets de parking gratuíto. A promoción estará activa ata o esgotamento de existencias.
Mañá domingo realizarase o gran sorteo de 1.000€ en tarxetas regalo de 30€ (20 tarxetas)e 50€ (8 tarxetas), no marco da campaña Mercar no teu comercio ten premio. Todos os clientes poderán canxear os seus tickets de compra por participación durante a mañá no domingo na Praza do Concello. O sorteo terá lugar ás 13:30h.