Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O teatro infantil chega ás parroquias

teatro infantil

Cabeiro, O Viso, Cedeira, Negros, Chapela e Reboreda son as parroquias que no mes de decembro e xaneiro contarán entre a súa programación cultural con algunha das actuacións enmarcadas no I ciclo infantil interparroquial que organiza o Concello de Redondela. Un programa que completa o xa tradicional ciclo de teatro infantil que celebra a súa V edición e que e desenvolverá no Multiúsos da Xunqueira.

A primeira das citas será precisamente no auditorio do Multiúsos con Cayetano Lledó e a obra “Le Cirque”. Será o domingo 16 de outubro ás seis da tarde. Unha obra de teatro e maxia para toda a familia inspirado tanto no teatro clásico como nas correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico de Cayetano Lledó. As persoas que asistan ao espectáculo descubrirán o mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia: François Lafayette. Unha función que foi aclamado en múltiples cidades e vilas de todo o mundo, que rescatou o cabaret e que agora chega a Redondela.

En meses seguintes actuarán Pedras de Cartón con “Quixote” (27 Novembro) Os náufragos con “Hugo” (11 decembro) e Baobad Teatro con “Ris Ras” (8 xaneiro).

I ciclo infantil interparroquial

A programación nas parroquias arrancará o 17 de decembro no centro cultural de Cabeiro coa obra “A Bailar no Nadal” a cargo da compañía Animar-T. Ao día seguinte será Paco Nogueiras quen leve a súa “Radio Bule Bule” á Sociedade Cultural do Viso e xa o día 22 o Centro Cultural de Cedeira acollerá a obra “O Tranvía Leonardo” de Fantoches Baj. Todas estas actuacións serán ás seis da tarde. As cinco e media do día 26 de decembro actuará Cé Orquestra Pantasma no centro cultural de Santo Estevo de Negros. Unha programación que seguirá no Multiúsos de Chapela co “Brinca Vai” de Paco Nogueiras.

 O ciclo pecharase en xaneiro coa obra “A viaxe de Rosalía” a cargo de Larraitz Producións artísticas quen actuará o 4 de xaneiro no Centro Cultural de Reboreda. I ciclo infantil interparroquial con entrada de balde para tódalas funcións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará